Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Romeu
masculino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do baixo latín romaeus, procedente do grego rhomáios 'romano', que pasou a significar na Idade Media 'romeiro', isto é, 'peregrino que vai a Roma'. Da mesma maneira que Peregrino pasou a ser nome propio, así lle pasou a Romeu. En Galicia existe tamén como apelido.
Motivación
Aínda que houbo un san Romeu, carmelita, do século XIV, o certo é que a difusión deste nome procede da traxedia de Shakespeare Romeu e Xulieta (c. 1597). Nela cóntase a historia destes dous amantes pertencentes a dúas familias inimigas da cidade de Verona, os Montesco e os Capuleto, que acabarán morrendo ante a imposibilidade de ver realizado o seu amor. A traxedia shakespeariana inspirou moitas creacións musicais, como as de Bellini (1830), H. Berlioz (1839) e R. Strauss (1887).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Romeo | |
Catalán | Romeu | |
Español | Romeo | |
Francés | Roméo | |
Inglés | Romeo | |
Italiano | Romeo | |
Portugués | Romeu | |
Romanés | Romeo |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]