Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Roque
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Roque:
Etimoloxía e historia
Do occitano Roc, nome dun santo nacido en Montpellier en 1295; é de etimoloxía moi discutida, pois probablemente a forma medieval Rochus sexa latinización dunha raíz xermánica, quizais de hroc ‘choia; gralla’. Outra hipótese relaciónao coa voz común roca, rocha.
Motivación
San Roque de Montpellier (século XIV) é un santo de existencia dubidosa, pero que recibiu moita veneración, sobre todo desde principios do século XVI, pola súa condición de avogoso contra a peste, función en que substituíu a san Sebastián. Na arte leva roupas de peregrino debido a que, segundo a tradición, peregrinara aos tres lugares principais da cristiandade: Roma, Xerusalén e Santiago.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rochus | |
Catalán | Roc | |
Español | Roque | |
Éuscaro | Roke | |
Francés | Roch | |
Italiano | Rocco | |
Portugués | Roque |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]