Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosalinda
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama' e, como segundo elemento, o gótico *linth ‘tileiro’, o xermánico *linthi ‘clemente, amigable’ ou lind'. A interpretación como rosa linda 'rosa fermosa' é etimoloxía popular pero sospeitamos que en moitos casos debeu de ser decisiva para elixir este nome.
Motivación
Rosalinda é un personaxe da ópera Die Fledermaus ‘O morcego’, 1874, de Johann Strauss. Houbo, así mesmo, unha santa catalá deste nome que viviu nunha cartuxa de Aviñón (Occitania).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rosalinde | |
Catalán | Rosalinda | |
Español | Rosalinda | |
Francés | Rosalinde | |
Inglés | Rosalind |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rosalinda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]