Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosana
feminino
Nome literario
Pronuncia
Rosana:
Etimoloxía e historia
Do latín Roxana, e este do grego Roxane, que procedía dun antigo nome persa que significaba ‘brillante, luminoso’ ou ‘amencer’.
Motivación
Roxana, filla do nobre Oxiartes, foi a primeira esposa de Alexandre Magno, co que casou no ano 327 a. C.; tería un fillo póstumo del, pero tanto el como a nai morrerían asasinados anos despois da morte do monarca.
O nome populizaríase séculos despois en Europa por unha novela de Daniel Defoe, Roxana (1724), e máis recentemente por unha canción do grupo británico The Police ("Roxanne"), inspirada nun personaxe de Cyrano de Bergerac. Na Península Ibérica difundiuse a través da forma italiana (Rossana).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Roxana | |
Rossana | ||
Éuscaro | Roxane | |
Arrosane | ||
Francés | Roxane | |
Inglés | Roxane | |
Italiano | Rossana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]