Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Roxelio, Roxelia
Nome literario
Variantes
Masculinas Roxerio
Hipocorísticos
Másculinos Xelucho
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e procedencia francesa, a partir da forma Roger, e este composto polas raíces góticas *hroths ‘vitoria, gloria’ e ger, gar ‘lanza’.
Motivación
A difusión do nome está vencellada, coma noutros casos, á literatura: na obra Orlando innamorato (1486) do poeta italiano Mateu Boiardo, Ruggiero é un guerreiro sarraceno que se converte ao cristianismo e casa con Bradamante, irmá de Rinaldo; tamén aparece no Orlando furioso (1505), continuación da obra anterior, neste caso de Ludovico Ariosto.
Houbo un san Roxelio no século IX, monxe mozárabe mártir en Córdoba, e outro do século XVI, abade dun mosteiro de Somerset (Inglaterra), executado por Henrique VIII.
Chamáronse así
Roger de Llúria (1245-1305) e Roger de Flor (1267-1305) foron dous mercenarios italianos que prestaron grandes servizos militares á Coroa de Aragón no Mediterráneo; o primeiro como almirante da frota e o segundo como capitán dos feroces almogávares.
O pensador inglés Roger Bacon (1214-1292), o actor inglés Roger Moore (1927-2017) e o barítono italiano Ruggero Raimondi (1941).
En Galicia tivo sona Roxelio Pérez González (Rianxo 1897 - Pontevedra 1963), coñecido como ‘Roxerius’, mestre e pedagogo. Así mesmo, Xermán Roxelio Abella Chouciño, ‘Xelucho Abella’ (Malpica de Bergantiños, 1945 - Ponteceso 2024), teólogo, profesor, político e escritor en lingua galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rüdiger | |
Catalán | Rogeli | |
Roger | ||
Español | Rogerio | |
Francés | Rougier | |
Roger | ||
Inglés | Roger | |
Italiano | Ruggero | |
Portugués | Rogélio | |
Rogério |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Roxelio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]