Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rufino, Rufina
Nome cristián
Pronuncia
Rufino:
Rufina:
Etimoloxía e historia
Do latín Rufinus, derivado de Rufus, cognome que correspondía ao adxectivo rufus, forma dialectal itálica de ruber 'rubio', de onde vén tamén rubor, aludindo ou á cor da pel ou á do pelo.
Motivación
Santa Rufina (século III) era irmá de santa Xusta, coa que morreu martirizada en Sevilla; exercían o oficio da olería. Son dúas das santas máis antigas do culto hispánico (século VII). Rufina é tamén unha pegureira dun romance tradicional galego.
Existíu tamén un san Rufino, venerado en Bari (Apulia, sur de Italia).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rufinus | Rufina |
Catalán | Rufí | Rufina |
Español | Rufino | Rufina |
Éuscaro | Rufino | Rufina |
Errupin | Errupiñe | |
Francés | Rufin | Rufine |
Inglés | Rufinus | Rufina |
Italiano | Ruffino | |
Rufino | ||
Portugués | Rufino | Rufina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]