Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rute
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Rute:
Variantes
Etimoloxía e historia
Nome bíblico, de orixe hebrea e etimoloxía incerta. A hipótese máis estendida faino proceder o hebreo re’ut ‘amizade’.
Motivación
É o nome do personaxe principal do Libro de Rut, no Antigo Testamento. Era unha muller moabita que acompañou a súa sogra xudía, Noemí, de volta a Belén tras a morte do home de Rut. Despois casou con Boaz, un rico propietario hebreo, e deles descende a estirpe de David. Rut é o prototipo da fidelidade a vivos e defuntos, como Antígona e Penélope na mitoloxía helena.
Chamáronse así
A fotógrafa estadounidense Ruth Mathilda Anderson (1893-1983), que entre 1923 e 1930 realizou en España, e en Galicia en particular, gran cantidade de fotografías de cidades, vilas, aldeas e persoas; as fotos galegas publicaríanse en 1939 en Nova York co título Gallegan provinces of Spain.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ruth | |
Catalán | Rut | |
Español | Rut | |
Ruth | ||
Éuscaro | Rut | |
Francés | Ruth | |
Inglés | Ruth | |
Italiano | Rut | |
Portugués | Ruth | |
Rute |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]