Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rufo
masculino
Nome cristián
Véxase Rufino
Etimoloxía e historia
Do latín Rufus 'rubio, encarnado', pola cor da pel ou pola do pelo. Era nome moi corrente na Roma antiga.
Motivación
Segundo a tradición, san Rufo era fillo de Simón o Cireneo, o que axudara a Xesús a levar a cruz camiño do Calvario. Sería expulsado de Palestina e, conta a lenda, desembarcou en Marsella con santa Madalena, santa Marta e san Lázaro. Foi o primeiro bispo de Aviñón, na Occitania.
Chamáronse así
Rufo Pérez (1916-2011), profesor e membro do grupo Ultreia, organización recreativa de mozos galeguistas durante a II República.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rufus | |
Catalán | Ruf | |
Español | Rufo | |
Éuscaro | Rufo | |
Francés | Ruf | |
Inglés | Rufus | |
Italiano | Rufo | |
Portugués | Rufo |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]