Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sagrario
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Sagrario:
Etimoloxía e historia
Do latín sacrarium ‘lugar onde se gardan obxectos sagrados’, e este derivado do adxectivo neutro sacrum ‘santo, augusto’.
Motivación
Da advocación mariana Nosa Señora do Sagrario. No culto católico, o sagrario ou tabernáculo é o lugar da igrexa onde se garda a hostia; xeralmente está situado na parte central do altar maior, con frecuencia incorporado ao retablo, cando o hai.
Chamáronse así
Bartolomé Sagrario de Molina (?- c. 1575), máis coñecido como Licenciado Molina, malagueño de orixe, cóengo da catedral de Mondoñedo e autor do libro Descripción del Reyno de Galicia y de las cosas notables del (1550-1551), que, entre outras cousas, proporciona información directa sobre a cuestión xacobea en Galicia no século XVI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Sagrari | |
Español | Sagrario |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]