Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Saladino, Saladina
Personaxe histórico
Pronuncia
Saladina:
Etimoloxía e historia
Nome árabe, Salah al-Din 'a pureza da fe', latinizado en Saladinus, de relativa frecuencia en Galicia.
Motivación
Difundiu este nome Saladino I (1138-1193), curdo que chegou a conquistar un grande imperio no Oriente Medio, a cidade de Xerusalén e o seu territorio incluídos (1187). O feito de lles arrebatar Terra Santa aos cruzados, rematando así co reino de Xerusalén, provocou a organización da terceira cruzada, liderada por Filipe Augusto de Francia e Ricardo Corazón de León de Inglaterra. Estes reis só conseguiron conquistar Acre e non tiveron máis remedio que pactar con Saladino (1192), a quen lle deixaron Siria e Palestina, incluída Xerusalén. O sultán Saladino impresionou moito os cristiáns pola súa tolerancia, pois, a pesar de ser profundamente musulmán, respectaba outras crenzas. Esta actitude cabaleiresca deu lugar a un ciclo de lendas que o convertían nun heroe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Saladin | |
Catalán | Saladí | |
Español | Saladino | Saladina |
Éuscaro | Saladin | |
Francés | Saladin | |
Inglés | Saladin | |
Italiano | Saladino | |
Portugués | Saladino | Saladina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Saladino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]