Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Salustiano
masculino
Pronuncia
Salustiano:
Etimoloxía e historia
Do latín Sallustianus, patronímico de Sallustius, do latín Sallustius ou Salustius 'saudable', probablemente derivado de Salus 'saúde'.
Motivación
Caio Salustio Crispo (86-35 a. C.) foi un político e historiador romano, inimigo de Cicerón, que concibía a historia como obra esencialmente literaria, atacaba a degradación moral da sociedade romana e dos políticos conservadores no poder, e suspiraba pola austeridade dos antigos. Narrou a Guerra de Xugurta e a Conxuración de Catilina.
Houbo un san Salustiano, mártir sardo do século IV.
Chamáronse así
O galego Salustiano Portela Pazos (1877-1976), deán da catedral de Santiago, historiador e académico de númerpo da Real Academia Galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sallustianus | |
Sallustian | ||
Catalán | Saŀlusti | |
Español | Salustiano | |
Francés | Sallustien | |
Inglés | Sallustianus | |
Italiano | Sallustiano | |
Portugués | Salustiano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Salustiano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]