Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Samuel
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Samuel:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Xemû'el, a través do latín eclesiástico Samuel e do hebreo Samuel. As interpretacións deste nome foron diversas: na mesma Biblia (Samuel, I, 20) vén interpretado como 'pedido a Deus', o que parece máis ben unha etimoloxía popular, ao ser relacionado co verbo xâ'al 'pedir'. Outros lingüistas, baseándose en paralelos asirios, pensan que o nome pode significar 'descendencia de Deus'. Pero o máis probable é que parta do hebreo xem 'nome': 'nome de Deus', isto é, 'o que leva o nome de Deus', ou 'o seu nome é Deus'.
Motivación
Samuel é un dos profetas do Antigo Testamento. Nunha época en que Israel estaba sendo gobernada polos xuíces, o pobo empezou a reclamar o goberno dun rei, como tiñan os pobos veciños. A pesar da desconfianza que Samuel tiña na concentración de poder nunha única persoa, e despois de advertir repetidamente o pobo do perigo de tiranía, acabou cedendo aos desexos populares e instituíu a monarquía para reforzar a unidade das tribos contra os filisteus, e mesmo foi el quen unxiu os dous primeiros reis, Saúl e David.
Chamáronse así
Entre os protestantes, por ser un nome bíblico, Samuel foi sempre un nome moi usado, como o demostran escritores como o inglés Samuel Butler (1835-1902) e o irlandés Samuel Beckett (1906-1989), que escribiu en inglés e en francés.
En Galicia, lembramos a Samuel Eiján Lorenzo (San Clodio, Leiro 1876 - Santiago de Compostela 1945), frade franciscano, historiador, membro de número da Real Academia Galega e poeta en galego e en castelán; a súa obra D’a y-alma. Versos gallegos (1915) considérase un exemplo de poesía mística, na que hai unha identificación coa natureza e unha solidariedade coas clases sociais máis desfavorecidas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Samuel | |
Catalán | Samuel | |
Español | Samuel | |
Éuscaro | Samuel | |
Francés | Samuel | |
Inglés | Samuel | |
Italiano | Samuele | |
Portugués | Samuel | |
Romanés | Samuel | |
Ruso | Samuil |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Samuel
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]