Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Santos
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Santos:
Véxase Sancho
Etimoloxía e historia
Plural de Santo, do latín Sanctus, participio do verbo sancio, termo da linguaxe relixiosa e política que significa 'facer sagrado ou inviolable, establecer solemnemente', e de aí, 'ratificar, sancionar'. Coa chegada do cristianismo sanctus pasa de 'consagrado a Deus, venerable' a 'home que pola súa perfección participa de certas prerrogativas divinas e que algunhas igrexas cristiás elevan ao culto dos altares', isto é, 'santo'. Curiosamente este nome funciona como singular, aínda que o seu significado alude á colectividade dos santos anónimos. É un nome que tamén corre como apelido.
Chamáronse así
Santos Juliá (1940-2019), historiador natural de Ferrol, autor de bo número de traballos sobre a historia política e social de España durante o século XX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Santos | |
Éuscaro | Deunoro | |
Sanduru | ||
Santuru | ||
Francés | Toussaint | |
Italiano | Sante | |
Portugués | Santos |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]