Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sara
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Sara:
Variantes
Femininas Sarai
Etimoloxía e historia
Do hebreo sarah 'princesa'. O personaxe bíblico que levaba este nome chamábase orixinalmente Sarai 'controvertida', e máis tarde foi chamada Sarah, xa que, segundo o relato bíblico, se había de converter en nai de moitos reis, e logo o seu nome latinizouse en Sara.
Motivación
Na Biblia, Sara era a muller do patriarca hebreo Abrahán, quen, debido á súa infertilidade, lle ofreceu ao seu home como concubina a súa escrava exipcia Agar, para que puidese ter descendencia. De Agar naceu Ismael, considerado o pai do pobo árabe. Finalmente, por intervención divina, a anciá Sara puido concibir un fillo do xa case centenario Abrahán, que se chamará Isaac.
Chamáronse así
Sara Leirós Fernández (1897-1978), mestra, membro do Seminario de Estudos Galegos.
Sarah Bernhardt (1844-1923), actriz de teatro francesa e tamén dos primeiros anos do cine mudo; tivo gran popularidade no París de fins do século XIX e principios do XX; reputados artistas modernistas inmortalizárona nos seus carteis.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sara | |
Catalán | Sara | |
Español | Sara | |
Éuscaro | Sara | |
Francés | Sarah | |
Inglés | Sally (hip.) | |
Sarah | ||
Sara | ||
Italiano | Sara | |
Portugués | Sara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]