Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Saturno
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Nome dun deus da mitoloxía romana equivalente ao Krónos grego. Talvez deriva do adxectivo latino satur 'farto, saciado, saturado', porque este deus devoraba os seus fillos nada máis naceren por medo a que o destronasen.
Motivación
Segundo a mitoloxía romana, o deus Saturno ensinoulles aos homes a agricultura, dándolles unha etapa de gran prosperidade. Na súa honra celebrábanse en Roma as Saturnalia, festas en que se interrompía a actividade militar e as execucións, os criados eran servidos polos señores etc.; o mundo ao revés. Era como volver ao paraíso perdido da felicidade e da igualdade. Os romanos dedicábanlle o último día da semana, Saturni dies, herdado polo Saturday dos ingleses; nós herdamos o sábado xudeocristián (< hebreo shabat ‘repouso’).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Saturn | |
Catalán | Saturn | |
Español | Saturno | |
Éuscaro | Saturno | |
Francés | Saturne | |
Inglés | Saturn | |
Italiano | Saturno | |
Portugués | Saturno |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]