Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sabino, Sabina
Nome cristián
Pronuncia
Sabino:
Sabina:
Etimoloxía e historia
Do latín Sabinus, cognome romano derivado dun nome étnico que fai referencia a un antigo pobo itálico ao que os primeiros habitantes de Roma convidaron a unha festa para despois secuestrar as fillas e esposas: o rapto das Sabinas. Posteriormente as dúas tribos uníronse. Tamén era o sobrenome de Popea, a muller de Nerón.
Motivación
Hai unha santa Sabina mártir romana (séculos I-II), convertida ao cristianismo pola súa escrava Serapia. Tamén se fala doutra santa deste nome en Toledo. San Sabino (séculos IV-V) foi un bispo de Asís martirizado en Spoleto (Italia).
Chamáronse así
Sabino Arana Goiri (1865-1903), considerado o pai do nacionalismo vasco, fundador do Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1895.
O pontevedrés Sabino Torres Ferrer (1924-2016), xornalista, editor da colección Benito Soto, escritor en castelán e en galego, e membro correspondente da Academia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sabina | |
Sabinus | Sabine | |
Catalán | Sabí | Sabina |
Español | Sabino | Sabina |
Éuscaro | Xabadin | |
Sabino | ||
Sabin | Sabiñe | |
Francés | Sabin | Sabine |
Savin | ||
Inglés | Sabin | Sabina |
Italiano | Savino | Savina |
Sabino | Sabina | |
Portugués | Sabino | Sabina |
Ruso | Sabina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]