Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosario
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Rosario:
Hipocorísticos
Femininos Charo, Chara
Etimoloxía e historia
Do latín rosarium 'roseira, xardín de rosas'. É un nome místico que alude a unha advocación mariana, Nosa Señora do Rosario, que ocupa o primeiro posto das advocacións marianas do século XIII. De uso principalmente feminino, foi levado en ocasión por homes.
Motivación
Habitualmente considerábase que a devoción polo rosario xurdiu da suposta aparición da Virxe a san Domingos de Guzmán en 1213 en Albi (Occitania); outros atribúen a invención do rezo ao dominicano bretón frei Alano de Rupe (Alain de la Roche en francés), a fins do século XV.
A festa do Rosario foi instituída polo papa Pío V para conmemorar a vitoria de Lepanto contra os turcos (1571). Os frades dominicanos e franciscanos difundiron e impulsaron a devoción por esta Virxe nas súas misións parroquiais.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Roser | |
Español | Rosario | |
Éuscaro | Gurtza | |
Arrene | ||
Agurtzane | ||
Agurne | ||
Portugués | Rosária | |
Rosário |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rosario
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]