Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosa
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Rosa:
Véxase Rosalía
Hipocorísticos
Femininos Rosiña
Etimoloxía e historia
Do latín rosa 'rosa, flor da roseira', ou tamén abreviatura de Rosalía. É un costume antiquísimo e moi difundido poñerlles ás meniñas nomes de flores (Antía, Dalia, Flor, Margarida, Susana) e mesmo aos fillos (Narciso, Xacinto). Hai quen opina que o nome inglés Rose ten que ver co xermánico (h)ros 'cabalo'.
Motivación
A difusión de Rosa procede da Idade Media, a partir da devoción de santa Rosa de Viterbo (século XIII), aínda que hoxe ten máis predicamento santa Rosa de Lima (século XVI).
Chamáronse así
A galega Rosa López Comunión (Cienfuegos-Cuba, 1900 - Santiago de Compostela, 1982), pianista discípula de Arthur Rubinstein.
Rosa de Luxemburgo (1870-1919), militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Romy | |
Rosa | ||
Catalán | Rosa | |
Español | Rosa | |
Éuscaro | Arrosa | |
Larrosa | ||
Errose | ||
Francés | Rose | |
Inglés | Rose | |
Rosa | ||
Italiano | Rosa | |
Portugués | Rosa | |
Romanés | Roza |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]