Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rodrigo
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Rodrigo:
Variantes
Etimoloxía e historia
Nome xermánico testemuñado en Galicia con moita frecuencia desde o século VIII. Está composto polas raíces góticas *hrôths ‘vitoria, gloria’ e *rikaz ‘poderoso’. Este nome deu lugar ao apelido Rodríguez, que é o máis frecuente en Galicia, e tamén a Ruíz.
Motivación
O nome ten sona na historia tradicional española, pois don Rodrigo foi o derradeiro rei do reino visigodo; morreu na batalla do río Guadalete (711) loitando contra os musulmáns e os seus súbditos levárono a enterrar a Viseu.
A historia tradicional española tamén glorificou o guerreiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar ‘o Cide’ (1043-1099), presentándoo non como foi na realidade histórica —un cabaleiro de fortuna—, senón idealizado case douscentos anos despois polo anónimo autor do Cantar de Mío Cid (c. 1200). Por outra parte, sábese que o filólogo e historiador Ramón Menéndez Pidal modificou o cantar para facelo parecer máis antigo.
Houbo tamén un san Rodrigo, mártir na Córdoba musulmá do século IX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Roderich | |
Catalán | Roderic | |
Español | Rodrigo | |
Éuscaro | Edrigu | |
Errodrigo | ||
Francés | Rodrigue | |
Inglés | Roderick | |
Italiano | Rodrigo | |
Portugués | Rodrigo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]