Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rodolfo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Rodolfo:
Hipocorísticos
Másculinos Dolfo
Etimoloxía e historia
É un nome medieval de importación franca e orixe etimolóxica xermánica, atestado en documentación galega desde o século X. Está composto pola raíz franca hrôd ‘vitoria, gloria’ e a gótica wulf ‘lobo’.
Motivación
San Rodolfo de Bourges (século IX) foi primeiro arcebispo desta cidade francesa.
O nome adquiriu popularidade pola sona de personaxes como o actor e bailarín Rodolfo Valentino (1895-1926), estadounidense de orixe italiana.
Chamáronse así
Rodolfo Ucha (1882-1981), natural de Vigo, un dos máis importantes arquitectos modernistas galegos; desenvolveu a maior parte da súa obra en Ferrol, onde foi arquitecto municipal.
Rodolfo Prada (1892-1980), natural dos Peares (A Peroxa), membro do Partido Galeguista en Buenos Aires, onde estaba emigrado; foi a persoa de máxima confianza de Castelao durante o exilio deste na capital arxentina; asistiuno ata a súa morte (1950) e foi o seu testamenteiro.
Rudolf Diesel (1858-1913), enxeñeiro inventor do motor que leva o seu apelido. Rudolf Nureyev (1938-1993), bailarín ruso.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rudolf | |
Catalán | Rodolf | |
Español | Rodolfo | |
Éuscaro | Rudolfo | |
Francés | Rodolphe | |
Inglés | Rudolf | |
Italiano | Rodolfo | |
Portugués | Rodolfo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]