Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Roberto, Roberta
Nome cristián
Pronuncia
Roberto:
Etimoloxía e historia
É un nome medieval de importación franca e orixe etimolóxica xermánica, atestado en documentación galega desde o século XII. Está composto pola raíz franca hrôd ‘vitoria, gloria’ e a gótica bairthts ’claro, brillante; célebre, famoso’.
Motivación
San Roberto (1027-1110), nado na Champaña francesa, ingresou na orde bieita e foi abade de Molesmes, ademais de cofundador da orde do Císter.
San Roberto Belarmino (1542-1621), xesuíta italiano, foi cardeal e doutor da Igrexa e un dos teólogos da Contrarreforma.
É un nome moi popular nos países xermánicos. Lembremos o personaxe lendario inglés Robin Hood, e na literatura a novela histórica Bob Roy (1818) do escocés Walter Scott.
Chamáronse así
Robert Schumann (1810-1856), compositor alemán; Robert Koch (1843-1910), bacteriólogo alemán; Robert Louis Stevenson (1850-1894), novelista escocés; Roberto Rossellini (1906-1977), cineasta italiano; Robert Mitchun (1917-1997) actor estadounidense; Robert ‘Bobby’ Kennedy (1925-1968), político estadounidense, así como o músico Bob Marley (1945-1981), xamaicano.
En Galicia levárono o xornalista e poeta de Cuntis Roberto Blanco Torres (1891-1936) e o dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), aos que se lles dedicou o Día das Letras Galegas dos anos 1999 e 2013, respectivamente.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Robert | |
Catalán | Robert | |
Español | Roberto | |
Éuscaro | Roberto | |
Francés | Robert | |
Inglés | Bobby (hip.) | |
Bob (hip.) | ||
Robin (hip.) | ||
Rob (hip.) | ||
Roberto | ||
Italiano | Roberto | |
Portugués | Roberto | |
Romanés | Robert | |
Ruso | Robert |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Roberto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]