Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rexina
feminino
Nome cristián
Hipocorísticos
Femininos Xina
Etimoloxía e historia
Do latín regina 'raíña', feminino de rex, da raíz indoeuropea reg- 'rexer, dirixir'.
Motivación
Era un dos nomes con que se veneraba a deusa romana Xuno, esposa de Xúpiter, como raíña celeste.
No culto cristián, a Virxe é a raíña dos ceos, como se define na Salve Regina, oración universal composta, segundo a tradición, polo galego san Pedro de Mezonzo.
Chamáronse así
Elis Regina Carvalho Costa, coñecida como Elis Regina (1945-1982), cantante brasileira.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Regina | |
| Catalán | Regina | |
| Español | Regina | |
| Éuscaro | Erregiñe | |
| Erregina | ||
| Francés | Reine | |
| Régine | ||
| Inglés | Regina | |
| Italiano | Regina | |
| Portugués | Regina | |
| Romanés | Regina | 
Antes e despois de Rexina
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




