Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Remo
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do latín Remus, de orixe descoñecida.
Motivación
Remo e Rómulo (século VIII a. C.) foron os míticos fundadores da cidade de Roma. Segundo a lenda, o rei de Alba Longa, Amulio, para asegurar a súa sucesión, meteu a vestal a súa sobriña Rea Silvia (filla do destronado rei Numitor), feito que a obrigaba a un voto de virxindade. Pero Rea Silvia apareceu encinta do deus Marte e deu a luz dous xemelgos, Rómulo e Remo, que meteu nunha cesta polas augas do Tíber (un caso como o de Moisés no Nilo). A cesta foi parar a unha xunqueira, onde unha loba recolleu as criaturas e lles deu de mamar. Cando os nenos se fixeron maiores derrocaron o usurpador, pero despois acabarían pelexando un co outro e foi Rómulo quen venceu; matou o seu irmán e se converteu no primeiro rei de Roma. Remo é un nome moi frecuente en Italia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Remus | |
Español | Remo | |
Éuscaro | Remo | |
Francés | Rémus | |
Italiano | Remo | |
Portugués | Remo | |
Romanés | Remus |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Remo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]