Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Remixio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do baixo latín Remigius. Pénsase que pode ter relación con remex, remigis ‘remeiro’, ou remigium ‘remo’. Outra hipótese considérao de orixe celta, emparentado co adxectivo étnico de R(h)emi, o nome galo da cidade de Reims, cidade da que era arcebispo San Remixio.
Motivación
San Remixio de Reims (c. 437-533) foi apóstolo dos francos; bautizou e confirmou o seu rei, Clodoveo, convertido ao cristianismo pola súa esposa santa Clotilde. É o patrón de Reims.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Remigius | |
Catalán | Remigi | |
Español | Remigio | |
Éuscaro | Remigio | |
Francés | Rémy | |
Rémi | ||
Inglés | Remigius | |
Italiano | Remigio | |
Portugués | Remígio |
Antes e despois de Remixio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]