Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rebeca
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Rebeca:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Rivká 'lazo, vínculo', literalmente 'nó corredizo', de rabak 'atar'.
O nome pode referirse á firmeza do vínculo matrimonial, pero o seu valor, en sentido figurado, de 'fermosa, desexable', procede da imaxe dos animais cebados e atados para o sacrificio.
Motivación
O nome común de rebeca para unha chaqueta feminina de punto abotoada por diante ten a súa orixe na que levaba a actriz Joan Fontaine no filme Rebecca (1940) dirixido por Alfred Hitchcock, baseado nunha novela de 1938 do mesmo título da británica Daphne du Maurier.
En todo caso, Rebeca é un nome bíblico, presente no libro da Xénese: o da muller de Isaac. Segundo o relato bíblico, Abrahán encargoulle ao seu servo Eliecer que fose buscar muller para o seu fillo á súa terra e da súa parentela, pois non quería desposalo cunha cananea. Eliecer púxose ao lado dun pozo: aquela muller que lle dese de beber sería a destinada para Isaac. Así o fixo Rebeca, que era da estirpe de Naxor, o irmán de Abrahán. Ela accedeu e casou con Isaac, e tiveron dous fillos xemelgos: Esaú e Xacob. A nai sentiría preferencia polo segundo e enganaría o seu home para que fose unxido como primoxénito en detrimento da lexitimidade de Esaú.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rebekka | |
Catalán | Rebeca | |
Español | Rebeca | |
Éuscaro | Rebeka | |
Francés | Rebecca | |
Inglés | Rebekah | |
Rebecca | ||
Italiano | Rebecca | |
Portugués | Rebeca |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]