Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Raúl
masculino
Nome literario
Pronuncia
Raúl:
Etimoloxía e historia
De Raoul, forma francesa de Radulf, nome xermánico formado por rad 'consello, conselleiro' e wulf 'lobo'.
Motivación
Nome que debe a súa popularidade en Francia ao cantar de xesta de Raoul de Cambrai, do ciclo de Doón de Maguncia (1130). O santo que se venera é tamén francés, do século IX. En Francia foi nome frecuente de duques, príncipes e mesmo dun rei.
Chamáronse así
Nos tempos actuais, deulle sona ao nome Raúl Alfonsín (1927-2009), presidente da República Arxentina de 1983-1989, neto dun galego do Salnés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ralf | |
Radolf | ||
Catalán | Raüll | |
Raül | ||
Español | Raúl | |
Éuscaro | Raul | |
Francés | Raoul | |
Inglés | Raoul | |
Ralph | ||
Italiano | Raul | |
Portugués | Raul | |
Romanés | Raul |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]