Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Raquel
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Raquel:
Hipocorísticos
Femininos Quel, Queliña
Etimoloxía e historia
Do hebreo Râhêl 'año, ovella'.
Motivación
Na Biblia, Raquel é a segunda esposa do patriarca Xacob. Cando este se refuxiou na casa de Labán, pediulle ao seu protector casar coa súa filla máis nova, Raquel, pero Labán non accedeu, pois non era costume dar a filla máis nova antes da máis vella, que era Lea. Xacob casou con Lea primeiro, da que tivo dez fillos, pero serviu sete anos a Labán para poder casar con Raquel, quen, a pesar de ser considerada estéril, aínda lle deu dous máis: Xosé e Benxamín.
Trátase dun dos nomes predilectos dos xudeus, que tería tamén moita popularidade nos países anglosaxóns.
Chamáronse así
Raquel Lesteiro (1902-1967), hispanista e arquiveira pontevedresa.
Rachel Louise Carson (1907-1964), bióloga mariña, escritora e conservacionista estadounidense. A súa obra Silent Spring (1962) e outros escritos seus considéranse fundamentais no desenvolvemento dos movementos a prol do medio ambiente modernos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rachel | |
Catalán | Raquel | |
Español | Raquel | |
Éuscaro | Rakel | |
Errakel | ||
Francés | Rachel | |
Inglés | Rachel | |
Italiano | Rachele | |
Portugués | Raquel | |
Romanés | Rahela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]