Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rafael, Rafaela
Nome bíblico
Pronuncia
Rafael:
Rafaela:
Hipocorísticos
Másculinos Rafa, Felo, Felucho, Lucho
Etimoloxía e historia
Do hebreo Rephâ'el, é un dos numerosísimos nomes teofóricos: o segundo elemento (-el) é a abreviatura dun dos nomes de Deus (Elohim), e o primeiro pertence á raíz verbal rapha' 'curar, sandar'. Polo tanto o seu significado é 'Deus sandou', entendido, claro está, en sentido metafórico: 'Deus sandou a miña dor' (e por iso se lle daba este nome ao fillo que nacía despois da morte doutro), ou 'Deus sandou os meus males, os meus pecados'.
Motivación
San Rafael é un dos tres arcanxos que aparecen citados na Biblia, xunto con Gabriel e Miguel. Realiza a curación do pai e da muller de Tobías, segundo se conta no Libro de Tobías. Por ser compañeiro e protector deste na súa viaxe é considerado patrón dos viaxeiros.
Chamáronse así
O escritor Rafael Dieste (1899-1984), natural de Rianxo, honrado co Día das Letras Galegas de 1995.
O dirixente sindical Rafael Pillado Lista (San Cibrao, Cervo 1942 - Ferrol 2023), un dos líderes das protestas de marzo de 1972 en Ferrol contra a ditadura franquista.
A coruñesa Rafaela Hervada (1917-2010), licenciada en Dereito, converteuse en 1964 na primeira muller directora dunha emisora de radio en España (Radio Coruña), cargo que desempeñou ata 1989.
Raffaello Sanzio di Urbino (1483-1520), pintor renacentista italiano; Rafael Alberti (1902-1999), poeta español.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Raphael | |
Catalán | Rafel | |
Rafael | ||
Español | Rafael | Rafaela |
Éuscaro | Rafael | Rafaela |
Francés | Raphäel | Raphäélle |
Inglés | Raphael | |
Italiano | Rafaello | |
Raffaele | ||
Portugués | Rafael | Rafaela |
Romanés | Rafael | |
Ruso | Rafail |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rafael
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]