Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Quintín
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Quintinus, patronímico de Quintus, nome que se lle poñía ao quinto fillo.
Motivación
San Quintín (século III) era un cidadán romano, de familia senatorial, pertencente á Lexión Tebana de san Mauricio. Sufriu martirio no asentamento romano de Augusta Viromanduorum, hoxe Saint-Quentin (no departamento de Aisne, Francia). Nesta cidade tivo lugar o 10 de agosto de 1557 a batalla de San Quintín entre as tropas imperiais dos Países Baixos do rei Filipe II de España e as francesas do rei Henrique II; a vitoria de Filipe II motivou que este decidise construír en El Escorial un mosteiro e dedicarllo a san Lourenzo, por coincidir o día da batalla coa súa onomástica.
O nome espallouse no século XIX polo protagonista da novela histórica de Walter Scott, Quentin Durward (1823), arqueiro escocés da corte do rei francés Carlos o Temerario.
Chamáronse así
O pintor flamengo Quentin Matsys (1466-1530).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Quintí | |
Español | Quintín | |
Éuscaro | Kintin | |
Francés | Quentin | |
Inglés | Quentin | Quintin |
Italiano | Quintino | |
Portugués | Quintino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Quintín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]