Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Prudencio, Prudencia
Pronuncia
Prudencio:
Prudencia:
Hipocorísticos
Femininos Pencha
Etimoloxía e historia
Do latín Prudentius, de prudentia 'coñecemento, sabedoría', derivado de prudens 'previsor, prudente'. O nome tamén pode ser tomado, no cristianismo, dunha das catro virtudes cardinais que permite distinguir o bo do malo.
Motivación
O poeta latino-cristián Aurelio Prudencio Clemente (348-c. 415), natural de Calagurris (Calahorra), foi avogado e profesor de Retórica e desempeñou cargos importantes na administración do imperio de Honorio. Aos 50 anos dedicouse á poesía e compuxo poemas sobre temas cristiáns de refinada beleza.
San Prudencio (século VI?) naceu en Armentia (País Vasco), foi anacoreta á beira do río Douro e despois bispo de Tarazona.
Chamáronse así
O pontevedrés Prudencio Rovira (1870-1960) foi un avogado, político e xornalista galego.
Prudencio Romo (1927-2007), músico e compositor, membro fundador de Los Tamara, conxunto musical pioneiro na gravación de cancións en galego, na década de 1960. Prudencio Canitrot (1883-1913), pintor e ilustrador pontevedrés.
Prudencia Grifell (1879-1970), actriz mexicana orixinaria de Lugo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Prudentius | Prudentia |
Prudenz | ||
Catalán | Prudenci | Prudència |
Español | Prudencio | Prudencia |
Éuscaro | Prudentzio | Prudentzia |
Purdentzi | Zuhurne | |
Zuhur | Zuhurtzia | |
Inglés | Prue (hip.) | |
Prudence | ||
Italiano | Prudenzio | |
Portugués | Pensita (hip.) | |
Prudêncio | Prudência |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Prudencio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]