Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Priscila
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Priscillus -a, diminutivo de Priscus 'vello, antigo, doutro tempo, que xa non existe na actualidade', usado xa en Roma como nome propio.
Motivación
Santa Priscila (século I) foi unha romana que aparece citada, xunto co seu marido, nas epístolas de san Paulo e tamén nos Feitos dos Apóstolos. Eran de orixe xudía e, expulsados de Roma na época do emperador Claudio, atopounos san Paulo en Corinto.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Priscilla | |
Catalán | Prisciŀla | |
Español | Priscila | |
Éuscaro | Priszila | |
Francés | Priscilla | |
Inglés | Priscilla | |
Italiano | Priscilla | |
Portugués | Priscila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Priscila
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]