Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Práxedes
epiceno
Etimoloxía e historia
Do latín Praxedes, que deriva do grego prâksis 'acción'; interprétase como 'activa, emprendedora'.
Motivación
Este nome veuse utilizando en España como masculino, pero serve para os dous sexos. Popularizouno na historia contemporánea española o político Práxedes Mateo Sagasta (1825-1903), xefe do Partido Liberal, que, durante a rexencia de María Cristina de Borbón (1885-1902) estableceu co Partido Conservador de Cánovas del Castillo un pacto tácito que institucionalizaba a alternancia pacífica —e fraudulenta—no poder dos dous partidos dinásticos.
Houbo unha santa Práxedes, virxe romana do século II.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Praxedis | |
Catalán | Praxedes | |
Español | Práxedes | |
Francés | Praxède | |
Inglés | Praxedis | |
Italiano | Prassede | |
Portugués | Praxedes |
Antes e despois de Práxedes
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]