Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Poncio
masculino
Nome cristián
Véxase Pompeio
Etimoloxía e historia
Do latín Pontius, de orixe incerta. Podería ter a mesma orixe ca o numeral osco pomtis, análogo ao latín quinque ‘cinco’ e ao sabino pompe. Outra hipótese apunta cara ao vocábulo pontus ‘mar, onda’: ‘mariño, o que pertence ao mar’.
Motivación
Este nome é popular desde os tempos de Cristo por Poncio Pilato (c. 26 a. C. - 36 d. C.), procurador romano de Xudea que, indeciso á hora de xulgar a Xesús, quixo manter unha actitude neutral e desentendeuse publicamente en sinal de non se querer manchar co sangue de quen consideraba inocente. Ao final, temeroso dunha revolta popular, entregou a Cristo ao suplicio, de tal xeito que ese acto non o librou da súa responsabilidade moral.
Houbo tamén tres santos co nome de Poncio: dous mártires do século III, un en Cimiez (Niza, Francia) e o outro en Cartago; o terceiro foi bispo de Velley (Francia), no século XII.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Pontius | |
Catalán | Ponç | |
Español | Poncio | |
Éuscaro | Pontzio | |
Francés | Ponce | |
Pons | ||
Italiano | Ponzio | |
Portugués | Pôncio |
Antes e despois de Poncio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]