Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Presentación
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Presentación:
Hipocorísticos
Femininos Presenta, Presen
Etimoloxía e historia
Nome místico que evoca a festa cristiá da Presentación no Templo.
Vén do latín praesentatio -onis, de praesentare 'poñer diante, á vista'.
Motivación
A presentación do neno Xesús no templo de Xerusalén era un costume entre os xudeus que tamén comprendía a purificación da nai. O culto empezou cando o emperador de Oriente Xustiniano (século VI) mandou erguer un templo en memoria da Presentación de María sobre as ruínas do de Xerusalén. Pío V mandou suprimir esta festa, pero restaurouna Sisto V en 1585. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación da festa da Purificación de María (a Candeloria) en Presentación de Cristo no Templo (véxase Purificación).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Presentació | |
Español | Presentación | |
Éuscaro | Aurkene |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Presentación
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]