Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Próspero
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Prosperus, de prosper 'próspero, feliz, afortunado'. Nome augural.
Motivación
San Próspero de Aquitania (403-463) naceu en Marsella e foi bispo en Italia. Os seus escritos constitúen unha das principais fontes históricas sobre o reformador relixioso Prisciliano, pois na súa Crónica Universal considera que o presunto herexe —cualifica a súa doutrina de gnóstica e maniquea— era natural da Gallaecia.
Próspero foi o personaxe central da obra de Shakespeare titulada A tempestade (1611), considerada a derradeira obra do autor.
Chamáronse así
En época contemporánea o escritor francés Prosper Mérimée (1803-1870) tivo bastante sona no seu tempo, en especial polas súas novelas Colomba (1840), ambientada en Córsega, e Carmen (1845), ambientada en Andalucía.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Prosper | |
Catalán | Pròsper | |
Español | Próspero | |
Éuscaro | Prospero | |
Francés | Prosper | |
Italiano | Prospero | |
Portugués | Próspero |
Antes e despois de Próspero
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]