Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Primo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Primo:
Etimoloxía e historia
Do latín Primus 'o primeiro', alcume da Idade Imperial que se lle daba ao primeiro dos fillos dun matrimonio (da serie Secundus, Tertius etc.).
Motivación
Segundo a lenda, san Primo (século III) foi martirizado en Roma xunto co seu irmán san Feliciano. A súa historia cóntase nunha versión medieval galega da Lenda áurea.
Chamáronse así
Primo Levi (1919-1987), escritor italiano de orixe xudía sefardí, autor de memorias, poemas e novelas; foi resistente antifascista e supervivente do Holocausto.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Primus | |
Catalán | Prim | |
Español | Primo | |
Francés | Prime | |
Italiano | Primo | |
Portugués | Primo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Primo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]