Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Primitivo, Primitiva
Nome cristián
Pronuncia
Primitivo:
Primitiva:
Hipocorísticos
Másculinos Primi
Femininos Primi
Etimoloxía e historia
Do latín Primitivus 'primitivo', de primitus 'en primeiro lugar, por primeira vez', derivado de primus 'primeiro', nome que se lle daba ao primeiro nacido.
Motivación
San Primitivo (século IV) sería de orixe galaica, de ser certa a tradición que o fai fillo do centurión da Gallaecia asturicense san Marcelo. El e o seu irmán xemelgo Fagundo serían martirizados na época do emperador Hadriano. Ambos son dos santos máis antigos do culto hispánico (século VII). Segundo a tradición, hai reliquias deles en Ourense e Sahagún.
Chamáronse así
Primitivo Elio Rodríguez Sanjurjo (Ourense 1880 - Lugo 1947), intelectual e escritor galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Primitiu | Primitiva |
Español | Primitivo | Primitiva |
Portugués | Primitivo | Primitiva |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Primitivo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]