Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Porfirio
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Porfirio:
Etimoloxía e historia
Do nome grego Porphýrios, latinizado en Porphyrius, derivado de porphýra 'púrpura', préstamo dunha lingua de Asia Menor. O seu significado sería 'vermello como a púrpura'.
Motivación
Porfirio (233-305) foi un filósofo neoplatónico nado en Tiro, pero que viviu en Atenas, Cartago e Roma. Foi un experto divulgador da filosofía de Platón, Aristóteles e Plotino, o seu mestre, e combateu o cristianismo tratando de ridiculizar as súas cerimonias.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Porphyrios | |
Catalán | Porfiri | |
Español | Porfirio | |
Éuscaro | Porfirio | |
Francés | Porphyre | |
Italiano | Porfirio | |
Portugués | Porfírio | |
Ruso | Porfir | |
Porfirii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Porfirio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]