Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pompeio, Pompeia
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do latín Pompeius, nome dunha gens romana. A súa etimoloxía máis plausible é a do numeral sabino pompe 'cinco'.
Motivación
Na historia da antiga Roma, Cneo Pompeio (c. 106-48 a. C.) formara triunvirato con Xulio César e con Craso. Erixido en xefe do partido aristocrático, estivo en guerra con César, que o derrotou en Farsalia. Fuxiu a Exipto, e alí mandouno asasinar o rei Ptolomeu.
Houbo un san Pompeio (século IV), bispo de Pavía (Italia) e unha santa Pompeia que foi mártir en Lión.
A cidade romana de Pompeia foi sepultada por unha erupción do Vesubio no ano 79 xunto coa de Herculano. A súa descuberta a mediados do século XVIII e as posteriores escavacións contribuíron a popularizar o nome.
Chamáronse así
O filólogo catalán Pompeu Fabra (1868-1948), autor de varias gramáticas e dicionarios da lingua catalá; foi, ademais, o estabilizador da normativa ortográfica deste idioma.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Pompeius | |
Catalán | Pompeu | Pompeia |
Español | Pompeyo | Pompeya |
Éuscaro | Ponpeio | |
Francés | Pompée | |
Inglés | Pompey | |
Italiano | Pompeo | |
Portugués | Pompeu | Pompeia |
Antes e despois de Pompeio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]