Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Plácido, Plácida
Nome cristián
Pronuncia
Plácido:
Plácida:
Hipocorísticos
Másculinos Pacho
Etimoloxía e historia
Do latín Placidus 'plácido, suave, tranquilo', antigamente 'agradable', derivado de placeo 'pracer'. O sentido de 'quedo, apracible, sosegado' débese á influencia de pax 'paz'.
Motivación
San Plácido (século VI) foi un monxe bieito nado en Roma, o discípulo máis novo de san Bieito.
Santa Plácida de Rubiáns, no Salnés, é outra das santas catacumbais de Galicia (como santa Minia, san Campio ou san Pexerto). Exhumouse o cadáver desta suposta mártir das catacumbas romanas de san Ciríaco de Roma e alguén as levou a Cádiz, ata que un emigrante de Rubiáns nesta cidade as trouxo, contra 1825, para a súa parroquia nativa.
Chamáronse así
Plácido Castro (Corcubión 1902 - Cambados 1967), escritor, xornalista e tradutor que en 1933 conseguiu no IX Congreso de Nacionalidades Europeas en Berna o recoñecemento internacional de Galicia como nación.
Plácido Lugrís Freire (falecido en 1927), poeta e membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega da Habana, antecedente da RAG.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Placidus | |
Catalán | Plàcid | Plàcida |
Español | Plácido | Plácida |
Éuscaro | Plazido | |
Francés | Placide | |
Italiano | Placido | Placida |
Portugués | Plácido | Plácida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]