Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Piedade
feminino
Nome cristián
Véxase Pía
Etimoloxía e historia
Do latín pietas, -atis 'respeto aos pais e deuses, compaixón dos desvalidos', de pius.
Motivación
Aínda que na antiga Roma a Pietas recibía culto, o certo é que o nome actual procede dunha advocación da Virxe que aparece representada na arte co corpo morto de Xesús sobre os seus xeonllos. O tema da Pietà representouna Michelangelo en marabillosas esculturas, e tamén é unha iconografía moi frecuente no reverso dos cruceiros galegos.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Catalán | Pietat | |
| Español | Piti (hip.) | |
| Piedad | ||
| Éuscaro | Pietatea | |
| Kupiñe | ||
| Gupida | ||
| Errukiñe | ||
| Errukia | ||
| Portugués | Dadinha (hip.) | |
| Didi (hip.) | ||
| Piedade |
Antes e despois de Piedade
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




