Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Policarpo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Polýkarpos, de polý 'moito' e karpós 'froito', 'proveito': 'o que dá moitos froitos, frutífero'.
Motivación
San Policarpo (c.69 - c.155) foi bispo de Esmirna e escritor; da súa obra só se conserva unha Carta aos filipenses. Foi martirizado no tempo de Marco Aurelio.
Chamáronse así
Policarpo Sanz (1841-1889) foi un emigrante galego benfeitor da cidade Vigo, que lle deu o seu nome a unha das súas principais rúas.
Policarpa Salavarrieta (1795-1817), heroína da independencia colombiana.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Plykarpos | |
| Polykarp | ||
| Catalán | Policarp | |
| Español | Policarpo | |
| Éuscaro | Polikarpo | |
| Francés | Polycarpe | |
| Italiano | Policarpo | |
| Portugués | Policarpo | |
| Romanés | Policarp | |
| Ruso | Polikarp |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




