Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pilar
feminino
Nome cristián
Hipocorísticos
Femininos Pilara, Piruca, Pilocha, Pitusa, Pilucha
Etimoloxía e historia
Do nome propio castelán Pilar, tomado do nome común pilar, do latín vulgar *pilare 'piar, columna', derivado de pila 'piar, columna'.
Motivación
A orixe do culto á Virxe do Pilar en Zaragoza baséase nunha lenda moi semellante á da Virxe da Barca en Muxía: nos dous casos, María, que aínda vivía en Palestina, acudiu milagrosamente a visitar o apóstolo Santiago cando este predicaba en Hispania e se atopaba desanimado porque non daba conseguido conversións. Mentres que en Muxía a Virxe apareceu nunha barca de pedra sobre as ondas do mar, en Zaragoza presentouse enriba dunha columna ou piar, “pilar” en castelán, na beira do río Ebro. A introdución do culto á Virxe do Pilar en Galicia non se documenta ata o século XVII.
No século XVIII houbo discusións teolóxicas entre eclesiásticos sobre o lugar de España onde primeiro se aparecera a Virxe a Santiago: mentres os máis dicían que só houbera dúas aparicións probadas, unha en Zaragoza e outra en Granada, o cóengo e historiador compostelán Antonio de Rioboo e Seixas, no seu libro La barca más prodigiosa (1728), critica o esquecemento da aparición de Muxía e mesmo se atreve a afirmar que esta fora anterior no tempo á de Zaragoza (véxase Barca).
Chamáronse así
En Galicia lembramos a coruñesa Pilar Castillo Sánchez (1895-1952), pianista de sona internacional que musicou o poema Maruxiña, de Eduardo Pondal; e, máis nos nosos días, a filóloga Pilar Vázquez Cuesta (Chantada 1926 - Santiago 2019), reputada especialista en lingua portuguesa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Pilar | |
Español | Pilar | |
Éuscaro | Habea | |
Zutoia | ||
Pilare | ||
Arbil | ||
Abene | ||
Francés | Pilar | |
Portugués | Pilar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pilar
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]