Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pexerto
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome latino Pegertus, de orixe descoñecida.
Motivación
San Pexerto de Buciños (Carballedo, Lugo) é un dos “santos novos” catacumbais galegos —como san Campio ou santa Minia— que reciben culto desde épocas relativamente recentes. Contra 1830 un eclesiástico natural de Buciños quixo favorecer a súa parroquia natal e conseguiu a doazón do corpo dun suposto mártir chamado Pexerto, extraído das catacumbas de san Calisto de Roma. Axiña se espallou o seu culto e mesmo se chegou a escribir un libro dos seus milagres. A súa sona chegou a Portugal por medio de emigrantes galegos, onde se denominou popularmente “o Santo da Galiza”.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Pegerto | |
Portugués | Pegerto |
Antes e despois de Pexerto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]