Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Perfecto, Perfecta
Nome cristián
Pronuncia
Perfecto:
Perfecta:
Hipocorísticos
Másculinos Feto, Fetucho, Cholo.
Etimoloxía e historia
Do latín perfectus 'perfecto, acabado', participio de perficio 'acabar, perfeccionar, cumprir'. É un nome místico: no sentido moral, perfecto é aquel que está libre de todo pecado; tamén é un nome augural.
Motivación
Houbo un san Perfecto bispo e mártir en Córdoba no século IX.
Chamáronse así
Perfecto Feijoo Poncet (1858-1935), musicólogo pontevedrés fundador do primeiro coro galego; Perfecto López (Vimianzo 1904 - Buenos Aires 1970), filántropo que, xunto con outros galeguistas emigrados, foi mecenas de Castelao e da cultura galega na Arxentina, e tamén serviu de enlace durante o franquismo entre os galeguistas do exterior e os do interior.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Perfecte | |
Español | Perfecto | |
Portugués | Perfeito |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Perfecto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]