Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pedro, Petra
Nome cristián
Pronuncia
Pedro:
Petra:
Hipocorísticos
Másculinos Perico, Perucho, Peruco
Etimoloxía e historia
Do latín Petrus, forma masculina de petra 'pedra, rocha'. No Evanxeo (Xoán I, 42), Xesús dille ao irmán de Andrés: "Ti es Simón, fillo de Xonás, pero serás chamado Kefas". Kefas é 'pedra' en arameo e pasou a Petros na tradución grega e Petra na latina; posteriormente estimouse oportuno masculinizar o nome en Petrus. Este nome deu lugar ao apelido Pérez.
Motivación
San Pedro (século I) era un pescador de Cafarnaún no lago de Xenezaré; xunto co seu irmán André foi o primeiro dos doce apóstolos de Cristo, que foi quen lle impuxo o nome, pois el chamábase Simón. Tras a desaparición do seu mestre viviu en Xerusalén ata que o prendeu Herodes Agripa. Despois marchou á capital do Imperio, Roma, onde se converteu no seu primeiro bispo. De novo preso, Nerón mandouno crucificar, segundo a tradición no lugar onde despois se erguería a igrexa de San Pedro do Vaticano, pois tamén se considera o primeiro papa da Igrexa católica.
Chamáronse así
En Galicia este nome tivo moito uso xa desde os tempos medievais, pois levárono santos como Pedro de Mezonzo (930-1003); poderosos señores como o conde Pedro Froilaz de Traba (século XII), o mariscal Pedro Pardo de Cela ou Pedro Álvarez de Soutomaior ‘Pedro Madruga’, conde de Camiña (os dous do século XV); trobadores, segreis e poetas do século XIII en lingua galega como Pero D’Ambroa, Pero Meogo ou Pero da Ponte. Na Idade Moderna, o pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa (1532-1592) foi un importante navegante e descubridor, autor do máis detallado recoñecemento do estreito de Magalhães da súa época (1579-1580).
Entre os famosos de todo o mundo: Piero della Francesca (1406-1492), pintor italiano; Peter Paul Rubens (1577-1640), pintor flamengo; Pierre Corneille (1606-1684), dramaturgo francés; Pedro Calderón de la Barca (1600-1681), dramaturgo español; Piotr Chaikovski (1840-1893), músico ruso; Pierre Curie (1859-1906), francés Premio Nobel de Física de 1903 xunto á súa muller Marie; Pier Paolo Pasolini (1922-1975), cineasta e escritor italiano.
Petra Karin Kelly (1947-1992) foi unha política e activista ecofeminista verde alemá, membro fundador do Partido Verde Alemán, o primeiro en acadar unha importancia respectable no mundo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Peter | |
Bretón | Perig | Pezrez |
Per | Perez | |
Catalán | Pere | Petra |
Español | Pedro | Petra |
Éuscaro | Petiri | Betixa |
Petri | Petri | |
Peru | Petruxka | |
Pello | Petra | |
Kepa | Kepe | |
Betiri | ||
Francés | Pierre | |
Holandés | Pieter | |
Piet | ||
Inglés | Peter | |
Italiano | Piero | |
Pietro | ||
Noruegués | Peter | |
Peder | ||
Peer | ||
Per | ||
Polaco | Peter | |
Piotr | Petra | |
Portugués | Pêro | |
Pedro | ||
Romanés | Petru | |
Ruso | Petia | |
Piotr | ||
Sueco | Peder | |
Pär |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pedro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]