Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Paulino, Paulina
Nome cristián
Pronuncia
Paulino:
Paulina:
Etimoloxía e historia
Procede de Paulinus, forma latina derivada de Paulus.
Motivación
San Paulino de Nola (353-431) exerceu o cargo de cónsul da Campania (Italia). Ordenado sacerdote en Barcelona sería despois nomeado bispo de Nola, preto de Nápoles. É patrón dos campaneiros.
Pauliños Fontenla é o personaxe central de Devalar (1935) de Otero Pedrayo, e un Paulino de Botas aparece n’Os outros feirantes (1979) de Álvaro Cunqueiro.
Chamáronse así
Paulino Pedret Casado (1899-1969) foi un sacerdote e escritor compostelán, que formou parte do Seminario de Estudos Galegos e do Instituto Padre Sarmiento.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Paulinus | |
Catalán | Paulí | Paulina |
Español | Paulino | Paulina |
Éuscaro | Paulino | Paulina |
Francés | Paulin | Pauline |
Inglés | Pauline | |
Paulinus | Paulina | |
Portugués | Paulino | Paulina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]