Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pascua
feminino
Nome cristián
Véxase Pascual
Etimoloxía e historia
O nome de Pascua procede do latín pascha, e este do grego paska, derivado do hebreo pesaj, que significa “coxear”, e que se relaciona con remotísimas cerimonias equinocciais en que se choraba a divindade morta no inverno e se exaltaba a súa resurrección na primavera.
Motivación
Rexistramos en Galicia este nome polo menos desde o século XVIII, en partidas de bautismo, de matrimonio, de defunción e noutro tipo de documentos, como no Catastro de Ensenada (1753), en mulleres viúvas ou solteiras consideradas “cabos de casa”. Documéntase tamén ao longo dos séculos XIX e XX.
Nome de día que habitualmente se lles poñía ás nenas que nacían por volta do domingo de Pascua ou de Resurrección, que marca o remate da Semana Santa e que constitúe a festa central do cristianismo segundo os evanxeos canónicos, pois conmemora a resurrección de Cristo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Pascua |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pascua
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]