Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pascasio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Paschasius, nome cristián-romano evocador da festa relixiosa da Pascua.
Motivación
San Pascasio Radberto de Corbie (século IX) foi un neno orfo recollido polos monxes de Soissons (Francia) e bautizado como Radberto. Aos 22 anos ingresou como monxe na abadía de Corbie e tomou o nome de Pascasio; non tardaría en ser elixido abade (843), pero acabaría renunciando oito anos despois ante a oposición dos outros frades.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Pascasi | |
Español | Pascasio | |
Éuscaro | Paskasio | |
Italiano | Pascasio | |
Portugués | Pascásio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pascasio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]