Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Patricio, Patricia
Nome cristián
Pronuncia
Patricio:
Patricia:
Etimoloxía e historia
No latín patricius designaba a quen era membro dunha familia de patres 'de pai nobre', é dicir, descendente dos primeiros que con Rómulo e Remo fundaron Roma.
Motivación
San Patricio (século V) é considerado o apóstolo de Irlanda, aínda que varios historiadores puxeron en dúbida a súa existencia. A lenda di que naceu en Escocia e que foi feito prisioneiro por uns piratas, que o venderon como escravo. Logrou fuxir a Francia, onde se fixo sacerdote. Despois foi enviado como bispo a Irlanda; evanxelizou esta illa e fundou mosteiros e escolas. Cóntase que escorrentou as serpes das terras irlandesas, a mesma lenda que se aplica en Galicia a santo Hadrián e a outros santos.
Hoxe é o símbolo da unidade da patria irlandesa, tamén entre os irlandeses emigrantes, pois o día de san Patricio celébrase con gran solemnidade en cidades como Nova York. Non obstante, a cruz de san Patricio —de cor vermella en aspa sobre fondo branco—, integrada na Union Flag (bandeira británica) aínda na actualidade por Irlanda do Norte, non foi aceptada polos nacionalistas irlandeses cando se creou o Estado Libre de Irlanda en 1922, pois vírona como unha creación británica e preferiron a tricolor republicana.
Hai tamén unha santa Patricia do século VII, de orixe bizantina; é patroa de Nápoles, onde morreu.
Chamáronse así
Patricio Delgado Luaces (Mondoñedo 1850-A Habana 1900), coñecido co pseudónimo de Xan de Masma, combatente carlista e autor dunha das poucas novelas escritas en galego no século XIX, A besta! (1899-1900).
Patricia Highsmith (1921-1995), escritora estadounidense, coñecida especialmente polas súas novelas de intriga.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Patrick | |
Patricius | ||
Bretón | Patrig | Padrigez |
Padrig | Padriga | |
Catalán | Patrici | Patrícia |
Español | Patricio | Patricia |
Éuscaro | Patrizio | Patrizia |
Patrik | Patirke | |
Francés | Patrice | |
Inglés | Paddy (hip.) | |
Patsy (hip.) | ||
Pat (hip.) | ||
Patrick | Patricia | |
Irlandés | Patrice (antigo) | |
Padraig (actual) | ||
Italiano | Patrizio | Patrizia |
Portugués | Patrício | Patrícia |
Romanés | Patriciu | Patricia |
Ruso | Patrikii | Patrikia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]